Romanistik
print


Navigationspfad


Inhaltsbereich

Simposio internacional: A Romània periférica en foco

Romanés, portugués e galego na fala

Lugar: Múnich
Comezo: 2018-04-26
Final: 2018-04-28

A lingua falada no ámbito das linguas romances – neste caso limitado ao espazo europeo – foi obxecto de numerosos estudos sobre todo nas últimas décadas. Pero neles tratáronse, como se ve de xeito exemplar na obra de referencia de Peter Koch e Wulf Oesterreicher (11990/22011) Gesprochene Sprache in der Romania: Französisch, Italienisch, Spanisch. (esp. Lengua hablada en la Romania: español, francés, italiano, 2007), principalmente, as linguas romances „maiores“.

Bastante menos atención recibiron o romanés, o portugués (europeo) e o galego como representantes da Romània periférica. Se ben é certo que hai unha serie de estudos sobre temas concretos, non obstante, continúan quedando sen tratar moitos aspectos pragmáticos, léxicos, morfosintácticos ou fonéticos. Falla ata hoxe un panorama conxunto así como un diálogo organizado entre os lingüistas interesados neste campo.

O propósito do simposio é poñer o foco de atención na investigación do oral nestas linguas “marxinais” do ámbito romance: o romanés, o português e o galego. Neste senso debería resultar, entre outros obxectivos, un rexistro de todas as lagoas que aínda fican na investigación do oral, e igualmente, o pulo para novos traballos.

Como pauta de contenido para as comunicacións pode servir o libro de Koch/Oesterreicher xa mencionado. De especial interese consideranse, por tanto

  • estudos sobre temas de pragmática textual (por exemplo, conectores do discurso ou interxeccións, retrousos, entre outros elementos que modifican a intención do discurso oral), de morfosintaxe (por exemplo, innovacións no campo da flexión, desviacións na concordancia, anacolutos, dislocacións, conectores, orde do tema e rema), de lexicoloxía e semántica (iteración léxica, deícticos, etc.) e de fonética (truncations, asimilaciones etc.);
  • estudos de metodoloxía (por exemplo, recollida de datos, traballo con corpus);
  • investigaciones sobre aspectos de la comunicación expresivo-afectiva tanto léxica como morfosintáctica, e
  • análises contrastivas de vários fenómenos en romanés, português e galego ou en unha de estas linguas e outras línguas românicas ou non románicas.

Programa (PDF, 450 KB)

Lugar do simposio:

Ludwig-Maximilians-Universität München
Senatssaal (E 110)

Organización:

Aurelia Merlan & Barbara Schäfer-Prieß


Servicebereich